Publicador de contidos
Publicador de contidos

Polo menos 49 mortos e 219 feridos nun ataque ruso contra unha escola e unha clínica en Ucraína

Polo menos 49 mortos e 219 feridos nun ataque ruso contra unha escola e unha clínica en Ucraína

Zelenski lamentou as mortes e deu as súas condolencias ás familias das vítimas

O ataque tamén afectou ao Instituto de Comunicacións de Poltava e, segundo analistas ucraínos e unha canle de Telegram rusa, faleceron decenas de militares ucraínos

O exército ruso utilizou mísiles neste novo ataque O exército ruso utilizou mísiles neste novo ataque
G24.gal 03/09/2024 13:54

Polo menos 49 persoas morreron e outras 219 resultaron feridas este martes nun ataque ruso con dous mísiles balísticos que alcanzaron unha institución educativa e un hospital na cidade de Poltava, en Ucraína central, segundo o balance ofrecido pola administración militar rexional.

"Nestes momentos hai constancia de 49 mortos e 219 feridos. Continúa a procura entre os entullos e os equipos de rescate están a traballar", anunciou Filín Pronín, xefe da administración militar de Poltava, na súa canle de Telegram.

O presidente ucraíno, Volodímir Zelenski, dera a primeira noticia do ataque cun balance inicial de 41 mortos e máis de 180 feridos.

“Quedou xente baixo os entullos. Conseguiuse salvar a moitos. Más de 180 persoas foron feridas. Por desgraza, moitos mortos. Neste momento sabemos de 41 mortos. As miñas condolencias a todas as familias e achegados”, escribiu Zelenski, sobre o ataque, un dos máis letais desde o comezo da guerra.

Segundo o presidente ucraíno, os mísiles impactaron en “unha institución educativa e nunha clínica veciña”, e destruíron parcialmente un edificio do Instituto de Comunicacións de Poltava.

Zelenski encargou que leve a cabo unha investigación “completa” de todas as circunstancias en que se produciu o ataque.

Segundo o Ministerio de Defensa ucraíno, os mísiles balísticos caeron no lugar do impacto case inmediatamente despois de que soasen as alarmas antiaéreas, polo que a xente que se atopaba no lugar non tivo tempo de refuxiarse en sotos ou búnkeres antiaéreos.

Algúns dos analistas militares ucraínos máis influentes dan por sentado nas súa redes que un alto número de militares ucraínos morreron no ataque e pediron responsabilidades pola neglixencia que ao seu xuízo propiciaría a matanza.

Mentres, a canle de Telegram rusa Rybar asegura que no ataque morreron decenas de militares ucraínos entre os que habería "especialistas de gran valor en comunicacións e guerra electrónica".

O Ministerio de Defensa de Kíiv pediu non realizar conxecturas sobre o ataque.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade