Pontevedra celebra esta fin de semana a Feira Franca
Pontevedra celebra esta fin de semana a Feira Franca
A Boa Vila viaxa no tempo para volver ao século XV
Rememora o momento en que o rei Henrique IV autorizaba un mercado libre de impostos
A Feira Franca é para moitos veciños de Pontevedra unha das súas festas máis importantes, por iso, ata o último minuto preparan os seus traxes para mergullarse de pleno no século XV. Nas tendas recoñecen que este ano as vendas foron boas, polo que agardan un número importante de participantes nos festexos, malia que preocupa a posibilidade de chuvia.
Dende o ano 200 Pontevedra rememora ese privilexio que lle concedera o rei Herique IV, alá polo 1467, para celebrar un mercado libre de impostos na que entón era unha das vilas máis poboadas de Galicia.
Este venres deu comezo a Feira Franca, Festa de interese turístico de Galicia, pero o sábado é o gran día con actividades na rúa durante toda a xornada.