Cargando resultados...
A Coruña regresa ao século XVI coa Feira das Marabillas
A Coruña regresa ao século XVI coa Feira das Marabillas
Máis dun cento de postos, música, gastronomía e espectáculos participan na XXVII edición do evento
G24.gal
22/07/2023 21:10
Última actualización 22/07/2023 22:08
A Coruña imaxina a Feira Franca que se celebraba na cidade no século XVI cunha nova edición da Feira das Marabillas, cinco días nos que os postos de artesanía e de gastronomía ocupan as rúas da cidade vella, máis buliciosa ca nunca.
A cita leva programándose case tres décadas de forma ininterrompida, coa única excepción dos anos 2020 e 2021 por mor da covid-19. Ata o martes 25 de xullo levaranse a cabo actividades culturais entre os muros da cidade vella.
Actuacións musicais, recreacións históricas e espectáculos teatrais e de acrobacias encherán as prazas e rúas da zona histórica nunha das citas clásicas do verán coruñés.