Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pontevedra e Celta B empatan un partido que non deixa conforme a ningún

Pontevedra e Celta B empatan un partido que non deixa conforme a ningún

O Celta B fixo merecementos para gañar o partido

Malia o empate, o Pontevedra non dá escalado posicións

Foto: @pontevedraCFSAD
G24.gal 15/10/2022 21:13

En Pasarón, o Celta B manexou a primeira parte e tivo opcións para chegar ao descanso cun resultado cómodo ante un Pontevedra desdebuxado.

Os celestes encontraron facilidades nas transicións co dinamismo de Iker e Hugo Álvarez. E souberon aproveitar tamén a falta de claridade local para roubar e levar perigo. Mais unha e outra vez o Celta topou co mesmo obstáculo, con Álvaro Cortés, o mellor dos granates neste primeiro tempo. A soberbia actuación do porteiro deulle vida ao Pontevedra.

Á volta, os granates trataron de recompoñerse coa entrada de Rubio, pero o partido seguiu no mesmo guión. Nun novo roubo de balón, agora de Medrano, Raúl Blanco aproveitaba para poñer o Celta por diante no marcador. Minuto 52. Conta coa xeira do curmán de Iago Aspas; leva tres encontros seguidos marcando. 

No que quedaba, o Pontevedra tratou de ir arriba, pero nunca encontrou claridade. O que si encontrou foi un erro maiúsculo de Javi Domínguez a dous minutos da conclusión que lle deu para o empate. Rouboulla Brais e o propio Brais foi quen lla deixou mansiña para empuxar a Martín Diz. Gol de Martín Diz e empate final en Pasarón. O Pontevedra rescatou un punto, o Celta marchou coa sensación de que tirou con dous.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade