Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pontevedra celebra a San Silvestre en quendas, ao carón do Lérez

Pontevedra celebra a San Silvestre en quendas, ao carón do Lérez

Máis de 2.500 participantes nunha San Silvestre diferente

A carreira cambiou o centro da cidade por unha contorna natural máis segura

Diversión na San Silvestre de Pontevedra
G24.gal 31/12/2021 13:54

O Concello de Pontevedra e a Sociedade Ximnástica deseñaron este ano un trazado alternativo da San Silvestre entre a Xunqueira de Alba e a ponte vella e a dos Tirantes.

Participan máis de 2.500 persoas en 17 quendas de 150 participantes, todos con máscara e distancias. Foi o xeito de non perder esta tradición, unha das máis antigas de Galicia. 

O alcalde Lores daba o tiro de saída á primeira quenda da carreira.

Máis que unha carreira é unha festa, por iso a San Silvestre de Pontevedra tivo, un ano máis, que reinventarse para non ter que cancelala. Nesta ocasión os organizadores apostaron por afastarse do centro urbano e atoparon na Xunqueira de Alba a contorna ideal.

 "En previsión do que se aveciñaba, fixemos un cambio e optamos por facer isto así, con saídas graduais e ao aire libre nunha zona que é estupenda e a un paso do que é a parte vella", explica Charo Castro, presidenta da Sociedade Ximnástica de Pontevedra

Dende as dez e media da mañá e ata media tarde, máis de 2.500 participantes están percorrendo os tres quilómetros do circuíto. A saída faise gradual, quendas cada 20 minutos con 150 corredores. Moitos agradeceron que empezara xa de mañá.

 "Esperemos que quede para o futuro que sexa pola mañá, que haxa unha opción de correla pola mañá porque xa podemos facer os nosos plans, ir de aperitivo e a gozar", desexa unha rapaza


Levar a máscara ben posta durante toda a proba é un requisito obrigatorio.


 "É un evento seguro nas datas nas que estamos e coa covid", apunta unha rapaza.

"Este ano foi moi raro para todos e había que darlle un pouco de alegría", opina unha moza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar