Publicador de contidos
Publicador de contidos

Porriño e Guardés sacan adiante os seus partidos en terras asturianas

Porriño e Guardés sacan adiante os seus partidos en terras asturianas

O Mecalia acadou en Oviedo a quinta vitoria consecutiva

Triunfo axustado do Conservas Orbe en Xixón

G24.gal 28/01/2024 11:38

Mecalia Guardés e Conservas Orbe Porriño seguen no bo momento na Liga Guerreras. Os dous equipos galegos lograron o triunfo como visitantes e os dous manteñen o pulso para remataren nos catro primeiros postos da fase regular. 

O Mecalia na pista do Oviedo (23-28) na quinta vitoria consecutiva. O partido mantívose moi igualado na primeira metade pero na segunda as guardesas fixeron un parcial de 1-5 (20-25) co que racharon o marcador. Pauli Fernández e Ania Ramos foron as máis atinadas cara a porta contraria con cinco goles. 

O Porriño gaña na pista do Xixón

Máis apertado foi o triunfo do Conservas Orbe Rubensa Porriño que se impuxo diante do La Calzada de Xixón por 18-19. Predominaron as defensas sobre os ataques xa desde o inicio (8-8 ao descanso) e o Porriño entrou nos últimos dez minutos por debaixo no marcador (15-14). 

No intre final chegou o momento de maior tino na parte ofensiva con todas as alternativas de Abel Estévez anotando e acadando un axustado e suculento triunfo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar