Cargando resultados...
Prorrogan un mes as limitacións en vigor nos eventos deportivos
Prorrogan un mes as limitacións en vigor nos eventos deportivos
O Ministerio de Sanidade e as comunidades acordaron manter a prohibición de consumir bebidas e alimentos durante o evento
Estadio de Abanca Balaídos
G24.gal
27/10/2021 18:52
Sanidade manterá durante o mes de novembro as restricións vixentes agora mesmo nos eventos deportivos. Decidiuno esta tarde coas comunidades na reunión co Consello Interterritorial.
As competicións que se celebren en exteriores poderán estar ao cen por cento de ocupación, mentres que no interior quedan limitadas ao 80 por cento. Seguirá sendo obrigatorio o uso de máscara, e mantense a prohibición de fumar, comer ou beber para evitar contaxios.
As restricións no deporte revisaranse a finais do mes de novembro.