Publicador de contidos
Publicador de contidos

Portamérica promove a plantación de 1.000 frondosas en Portas

Portamérica promove a plantación de 1.000 frondosas en Portas

Faino para compensar unhas emisións estimadas de 29 toneladas

G24.gal 27/01/2024 14:21 Última actualización 27/01/2024 16:06

Sacho en man, duascentas cincuenta persoas participan na plantación de mil árbores frondosas nos montes de Lantaño, en Portas. É máis dunha hectárea e media. A consultoría ambiental Cuadrilátero calculou que se xeraron unhas emisións de 29 toneladas de pegada ambiental e vanse compensar con especies como estas.

"Escollemos dez especies, entre elas hai carballos, bidueiros, cerdeiras, castiñeiros, capudre, sobreiras...", explicaba Saleta González Pimentel.

O Concello, a Deputación e a Xunta colaboran con esta iniciativa que ademais permite dedicar a nosa árbore a quen desexemos. Sábeo ben o director de Portamérica, que estivo a piques de perder a que plantou hai anos para seu pai.

"É unha historia de amor, neste caso cunha árbore que por un momento tememos que entrase dentro dun incendio forestal e ao final aínda se salvou, aínda está aí", relataba o director do Portamérica, Kin Martínez.

Amantes da música e do monte participaron este sábado nesta xornada que nos reconcilia co ambiente e co seu coidado.

"Grazas a Deus non está ardendo, pero iso non depende da comunidade".

A árbore da TVG xa medra nos montes de Lantaño, agardamos que medre forte como o que é, un carballo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade