Publicador de contidos
Publicador de contidos

Portomarín, entre as sete finalistas para ser vila Ferrero Rocher

Portomarín, entre as sete finalistas para ser vila Ferrero Rocher

A candidatura de Portomarín presentouna Astorga, que en 2020 gañou o concurso

G24.gal 10/11/2022 21:47

Galicia ten tamén un candidato a converterse este Nadal na vila Ferrero Rocher.

Portomarín é unha das sete finalistas para converterse na vila Ferrero Rocher deste ano. O que gañe, ademais de promoción turística, terá premio, porque a marca de bombóns fináncialle a iluminación do Nadal. 

A candidatura de Portomarín presentouna Astorga, que en 2020 gañou o concurso.

Ambas comparten tradición peregrina e ruta xacobea. Precisamente o Camiño de Santiago é un dos atractivos que presenta Portomarín para converterse en gañadora do certame.

Tamén a gastronomía, o patrimonio e a paisaxe do municipio. As votacións están abertas ata o 11 de decembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade