Publicador de contidos
Publicador de contidos

Portomarín: escaparate da música, da cultura e da gastronomía galegas esta fin de semana

Portomarín: escaparate da música, da cultura e da gastronomía galegas esta fin de semana

 Celébrase a primeira edición do Cúniquer Gastro Fest, un evento aberto e gratuíto que convida a veciños e peregrinos a participar

Están previstas quince actuacións na vila

G24.gal 10/09/2022 16:25

Primeira edición dun festival que enche de cultura as prazas da vila simultaneamente.

Un dos primeiros peregrinos en chegar a Portomarín este sábado era un norteamericano. Estaba marabillado de acabar etapa e atoparse cun festival que achega música e cociña.

A idea do festival xerminara antes da pandemia, pero non se puido poñer en práctica ata agora.
O evento estrutúrase en tres lugares diferentes.
Un deles é a praza do Camiño. No escenario principal os músicos ensaiaban desde primeira hora. Á súa beira, os cociñeiros dábanlles os últimos toques ás propostas culinarias.

A poucos metros, no Campo da Feira, ofrécense showcookings e tamén hai exposición, venda e degustación de produtos.

O terceiro espazo, no parque de Parabéns, cunha vistas impresionantes sobre o Portomarín vello, é o que máis se axeita para pasar a tarde coa música dos disc-jóckeys e a comida de postos móbiles.
O festival, con quince actuacións, prolongarase ata o domingo pola noite.
 



 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade