Publicador de contidos
Publicador de contidos

Portugal aumenta os radares nas estradas das rexións lindeiras con Galicia

Portugal aumenta os radares nas estradas das rexións lindeiras con Galicia

En concreto, 20 radares atópanse na rexion do Porto, e outros 7, na veciña rexión de Braga

G24.gal 08/09/2023 16:45

Portugal anuncia que reforzará a seguridade das súas estradas coa instalación de case 40 radares de velocidade ao longo de todo o país. Gran parte deles estará en estradas do norte luso, habituais para os condutores galegos.

Efectivamente, a Autoridade Nacional de Segurança Rodoviaria portuguesa indicou que, dende esta semana, operan 37 radares máis nas súas estradas, que se suman aos case 70 puntos fixos de control de velocidade.

Unha parte importante destes dispositivos está no norte do país, por onde circulan milleiros de galegos diariamente. En concreto, 20 radares atópanse aquí, na rexión do Porto, e outros 7, na veciña rexión de Braga.

Destacan tamén que até unha ducia destes novos sensores serán de velocidade media, coñecidos en Galicia coma radares de tramo, e está previsto que nos próximos meses se sumen outros 25 dispositivos, ata superar os 120 en todo Portugal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade