Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno portugués dá por feita a transmisión comunitaria da variante ómicron

O Goberno portugués dá por feita a transmisión comunitaria da variante ómicron

Calculan que o 10 % dos novos positivos son da nova variante

A velocidade dos contaxios obriga a acelerar a vacinación

Varias persoas fan fila este mércores nun posto de tests de antíxenos gratuítos no centro do Porto Varias persoas fan fila este mércores nun posto de tests de antíxenos gratuítos no centro do Porto
Alberto Mancebo 15/12/2021 18:12

As autoridades portuguesas recoñeceron este mércores que a transmisión da nova variante ómicron xa é comunitaria no país. Detectaron varios infectados que non tiñan relación con outros positivos ou gromos que estaban sendo especialmente vixiados. 

A Dirección Xeral da Saúde recoñece que non é posible analizar todos os positivos, ao redor de 2.500 cada día, para poder determinar se pertencen ou non á cepa ómicron. De todas formas, calculan que representaría agora mesmo ao redor do 10% de todos os casos detectados. 

As autoridades concordan coa Organización Mundial da Saúde e tamén calculan que nos vindeiros días a expansión da nova variante acabará estendéndose a unha velocidade nunca vista na pandemia. 

É por isto que Portugal está acelerando os procesos de vacinación da terceira dose e tamén dos menores de 12 anos. Agora mesmo xa é posible pedir cita telemática para os nenos de 9 anos e os maiores de 60. Nos vindeiros días estará tamén dispoñible para os maiores de 50. 

O Goberno luso non pensa aumentar as restricións con vistas ao Nadal aínda que si lle pide á poboación responsabilidade. Din que as medidas adoptadas hai 15 días están funcionando: esta semana hase chegar ao pico da quinta vaga, o numero de positivos diarios está á baixa e os hospitais non sofren presión asistencial. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade