Portugal prohibe que os barcos turísticos se acheguen ás candorcas
Portugal prohibe que os barcos turísticos se acheguen ás candorcas
A medida estará vixente ata finais de ano e débese ao comportamento agresivo dos cetáceos
Portugal xa tomou medidas debido aos comportamentos cada vez máis agresivos das candorcas, e as embarcacións turísticas e de observación terán prohibido ata final do ano achegarse aos grupos destes cetáceos.
As autoridades portuguesas detectaron que o número de interaccións das candorcas con embarcacións de pequeno tamaño multiplicáronse nos últimos tres anos. Apuntan a comportamentos máis hostís desta especie, algo que antes só se rexistraba nos individuos máis novos.
E ante posibles accidentes, este martes o Instituto Portugués da Natureza decidiu prohibir ata final do ano que os barcos turísticos e de observación de cetáceos se acheguen aos bancos destes animais.
Se pola contra fosen as candorcas as que se achegasen sen ser detectadas pola tripulación, os navegantes deberán deter o barco sen apagar o motor e agardar a que se afasten.