Publicador de contidos
Publicador de contidos

Portugal recupera o control de fronteiras do 22 de xullo ao 7 de agosto pola visita do Papa

Portugal recupera o control de fronteiras do 22 de xullo ao 7 de agosto pola visita do Papa

Lisboa acolle a celebración da Xornada Mundial da Xuventude (XMX) entre o 1 e o 6 de agosto

G24.gal 14/07/2023 16:27

Portugal volverá instaurar o control de documentación nas súas fronteiras entre o 22 de xullo e o 7 de agosto. Trátase dunha medida para reforzar a seguridade do país durante a Xornada Mundial da Xuventude, que terá lugar entre o 1 e o 6 de agosto en Lisboa. 

Este control relizarase en 21 pasos autorizados ao longo da fronteira terrestre entre España e Portugal. Os concellos veciños agardan atraer sobre un millón de fieis. 

O papa Francisco visitará Portugal entre o 2 e o 6 de agosto, e ten previsto unha visita a Fátima.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade