Publicador de contidos

Publicador de contidos

PP e Vox participan en Madrid nunha nova manifestación contra a amnistía

PP e Vox participan en Madrid nunha nova manifestación contra a amnistía

Unhas 15.000 persoas asisten á protesta segundo a Delegación do Goberno

Primeira aparición pública de Vidal Quadras tras o atentado de hai catro meses

G24.gal 09/03/2024 14:39 Última actualización 09/03/2024 17:00

A oposición á amnistía é un dos asuntos centrais que debate a dirección nacional do Partido Popular no retiro desta fin de semana en Córdoba. Ao encontro, presidido por alberto  Núñez Feijóo asisten todos os presidentes autonómicos, incluído o xefe do Goberno galego, Alfonso Rueda.

Este sábado, dirixentes do PP e de Vox participaron en Madrid, xunto a miles de persoas, nunha manifestación contra a amnistía.

Esta nova mobilización prodúcese dous meses despois da última protesta que, coma esta, se celebrou en Cibeles, e dous días despois do acordo entre o PSOE, ERC e JUNTS.

Convocados por unha vintena de asociacións baixo o lema "Sobran os motivos, Sánchez dimisión", os manifestantes, 15.000 persoas segundo a delegación do Goberno, mostraron o seu rexeitamento á lei de  amnistía para os líderes do procés e a autodeterminación.

Entres os asistentes, algúns representantes do Partido Popular, o presidente de Vox, Santiago Abascal, e o fundador do partido, Alejo Vidal Quadras, na que é a súa primeira aparición pública tras o atentado que sufriu hai catro meses.

Abascal acusou a Pedro Sánchez de facer unha lei que evitará que nun futuro o xulguen por traizón,dixo. E ao PP pediulle que poñan fin aos contactos co PSOE e non renove o CXPX.


"Non sei se González Pons está aquí ou está collendo o avión a Bruxelas pero isto é unha estafa e provoca confusión".

O PP lembra que son eles os que denunciaron a lei de amnistía na Comisión europea e acusan a Sánchez de ceder a todas as esixencias do independentismo.

"Esta lexislatura naceu esgotada e segue esgotada".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade