Publicador de contidos
Publicador de contidos

Prado asina unha cualificación perfecta no Gran Premio de Francia

Prado asina unha cualificación perfecta no Gran Premio de Francia

O lucense marcou o mellor tempo, por diante de Seewer e Herlings

Rubén Fernández tamén sae con aspiracións desde o sexto posto na grella

G24.gal 20/05/2023 22:56

O Mundial de Motocrós visita esta fin de semana Francia, no que é o sétimo gran premio da temporada. Jorge Prado defende o primeiro posto diante do acoso de Jeffrey Herlings. De momento faino á perfección, xa que sumou a vitoria na carreira de cualificación. Obtivo dous puntos máis de marxe sobre Herlings, que foi o terceiro por detrás de Seewer. Rubén Fernández concluíu a carreira no sexto posto.

Este domingo, ás 14:00 e ás 17:00 da tarde, as carreiras na G2 e en G24.gal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar