Publicador de contidos
Publicador de contidos

Prado cítase con Herlings para o Gran Premio de España

Prado cítase con Herlings para o Gran Premio de España

Na carreira de cualificación o galego sumou os dez puntos co dos Países Baixos acosándoo ata a última curva

G24.gal 06/05/2023 18:05

O duelo está servido para o Gran Premio de España que se celebra na Comunidade de Madrid. Jorge Prado e Jeffrey Herlings ocuparon os dous primeiros postos nunha cualificación espectacular na que o lucense volveu a sumar os dez puntos e afianza o primeiro posto na xeral do mundial. 

Herlings acabou a un segundo de Prado no que apunta a ser o duelo que decida o Mundial. Na sétima posición rematou Rubén Fernández que perdeu o ronsel dos que ocupaban as primeiras posicións. 

As carreiras serán este domingo ás 14:00 e ás 17:00 horas e poderémolas ver en G24.gal en directo e a primeira das carreiras tamén en directo na G2. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar