Publicador de contidos
Publicador de contidos

Prado mantén que non apoiarán Jácome para conservar a Deputación de Ourense

Prado mantén que non apoiarán Jácome para conservar a Deputación de Ourense

Os populares galegos están moi satisfeitos cos resultados en Galicia e consideran que avalan o traballo do partido tras a marcha de Alberto Núñez Feijóo

G24.gal 29/05/2023 09:07

O PP está moi satisfeito cos resultados electorais en Galicia, onde acadaron o 38 por cento dos votos, e destacan a maioría absoluta obtida en Ferrol e a recuperación da Deputación de Pontevedra, que estaba en mans dos socialistas. Así o dícía nunha entrevista no Galicia por diante a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado:

"Gañamos as eleccións, somos a forza máis votada en 191 concellos e imos gobernar en moitísimos deles. Gañamos en cinco cidades... E despois a maioría absoluta en Ferrol e recuperar a Deputación de Pontevedra para nós tamén é un enorme éxito".

A maior incógnita para os populares é a que se lles abre en Ourense, onde o partido gobernaba na Deputación co apoio de Democracia Ourensana a cambio de aupar á alcaldía da capital a Gonzalo Pérez Jácome. O PP comprometeuse en campaña a non revalidar ese apoio ao rexedor, algo que Prado mantén inamovible:

"Nós fomos claros e rotundos, non imos apoiar a Gonzalo Pérez Jácome como alcalde. Non é unha opción que para nós estea en riba da mesa".

Prado dá por feito que nin PSdeG nin BNG darán o seu apoio ó actual acalde, o que abre un escenario de pactos entre a oposición.

A secretaria xeral dos populares avalía tamén os resultados das municipais en clave autonómica, xa que son os primeiros comicios que se celebran con Alfonso Rueda de presidente da Xunta tras a marcha de Núñez Feijóo:

"Isto demostra que esa sucesión se fixo ben e que a cidadanía apoia o traballo que estamos facendo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade