Praga de pulgas en Cabana de Bergantiños
Praga de pulgas en Cabana de Bergantiños
Os afectados non poden abrir as ventás, non tenden no exterior e íspense fóra para non meter os insectos na casa
Un veciño do lugar de Frinle amosa con resignación as picaduras das pulgas que ten nas pernas.
"Cribáronme por todo o corpo", di Manolo.
E coma el, outros veciñosdo lugar de Frinle, no concello de Cabana de Bergantiños.
"Eu teño picaduras por todo o corpo e dinlle tanto con alcol que me queimei". "A miña filla estivo aquí na nosa casa e marchou con todo o corpo cheo de picaduras", comentan os veciños.
E iso que extreman as precaucións todo canto poden.
"Non podemos ter nada aberto e xa non tendemos fóra tampouco", din.
E antes de entrar na casa íspense para evitar que os insectos accedan ao interior. Ata son eles os encargados de fumigar dentro e fóra das súas vivendas para tratar, din, de reducir as pulgas.
E desde o Concello, polo que contan os veciños tamén actuaron. Foron fumigar ata en dúas ocasións, pero ata o momento, o problema sigue aí. Piden unha solución urxente, porque lamentan levar así case un mes.