Publicador de contidos
Publicador de contidos

Prata para Rodrigo Conde e bronce para Caetano Horta, na Copa do Mundo de Zagreb

Prata para Rodrigo Conde e bronce para Caetano Horta, na Copa do Mundo de Zagreb

Caetano Horta: "Quedan catro competicións ata o mundial clasificatorio e intentaremos seguir nesta liña"

G24.gal 08/05/2023 17:26 Última actualización 08/05/2023 18:14

O equipo español de remo pechou a súa participación na Copa do Mundo de Zagreb con dous ouros a cargo do bote feminino dous sen, integrado por Aina Cid e Esther Briz, e o scull individual de Virginia Díaz Rivas, ademais de tres medallas de prata e unha de bronce en nove finais A.

Cid e Briz encabezaron a súa proba desde o principio e marcaron os mellores tempos nos controis situados cada 500 metros. Concluíron cun tempo de 17:16.49. A República Checa foi prata e Croacia bronce. Virginia Díaz, en cambio, tivo que facer un esforzo extra no último 500 para superar a suíza Aurelia-Máxima Katharina Janzen por dúas centésimas.

En dous sen masculino a embarcación de Jaime Canalejo e Javier García sumou unha prata, a case tres segundos de Suíza, que gañou con autoridade. O bote de dobre sculls, formado por Aleix García e o moañés Rodrigo Conde, e o catro sen feminino (Iria Xarama, Izaskun Echaniz, María Fernanda Valencia e Olivia do Castelo) sumaron as dúas pratas restantes do equipo español.

O remeiro de Noia, Caetano Horta, e Manel Balastegui, en dobre sculls peso lixeiro, adxudicáronse o bronce:

"Estes resultados sempre son importantes" "Quedan catro competicións ata o mundial clasificatorio e intentaremos seguir nesta liña"

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos