Cargando resultados...
Preacordo entre os bombeiros e o Goberno local de Ourense
Preacordo entre os bombeiros e o Goberno local de Ourense
Despois das protestas desta semana acadaron un acordo para que o 7 de maio se inclúan eses pluses nas súas nóminas
G24.gal
26/04/2024 13:49
Bombeiros e Policía Local de Ourense chegaron a un acordo co Goberno municipal para cobrar os pluses de nocturnidade e festividade. Aseguran que, malia telos recoñecidos xudicialmente, non se estaban a aplicar. Despois das protestas desta semana, acadaron un acordo para que o 7 de maio se inclúan eses pluses nas súas nóminas.