Publicador de contidos
Publicador de contidos

Premios escolares 'Idea o teu comercio!'

Premios escolares 'Idea o teu comercio!'

Alumnos de nove colexios foron premiados

O certame pretende visibilizar o comercio de proximidade

G24.gal 16/01/2023 20:38

Os gañadores do certame escolar da Xunta Idea o teu comercio recibiron este luns os premios.

Na entrega participaron o vicepresidente económico da Xunta e mais o conselleiro de Educación.

Os premiados son alumnos dos colexios de Carral, Muros, Monfero, Sada, Tui, Baiona, Vigo, Gondomar e Carballeda de Valdeorras.

Este certame busca, dixo Francisco Conde, visibilizar entre as novas xeracións a importancia do comercio de proximidade e os seus retos.

"Cada vez máis o consumidor vai buscando experiencias distintas, iso era o que buscaba este traballo: concienciar de que todo este proceso de transformación que se está a producir e que nos trasladarades como vedes vós o que ocorre", dixo Francisco Conde, vicepresidente da Xunta e conselleiro de Economía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade