Cargando resultados...
Preocupación nas confrarías ante a escaseza da ameixa babosa e doutras especies nos bancos
Hai pezas que na lonxa chegaron case 74 euros o quilo
G24.gal
05/11/2021 14:58
Esta semana en Ribeira comezaron a campaña de ameixa babosa, o marisqueo en embarcación volve a porto. Hai quen trae exemplares de gran tamaño, pezas que na lonxa chegaron a acadar prezos máximos, como o mércores, case 74 euros o quilo.
Hai inquedanza entre moitos profesionais e quen asegura que en toda a ría da Arousa, a produción de ameixa babosa foi a menos durante este ano.
Aseguran que a escaseza no fondo do mar afecta tamén a outro tipo de moluscos. As embarcacións de marisqueo de Aguiño chegaron este xoves a porto con 423 quilos de ameixa babosa, cando no mesmo día do ano pasado foran 742 quilos os que se descargaron.