Preocupación en Chapela por un mozo que agrediu dous axentes e a súa familia
Preocupación en Chapela por un mozo que agrediu dous axentes e a súa familia
Os altercados que provoca son constantes
Un mozo de 20 anos do barrio do Picoto, en Chapela, ten atemorizada a súa familia e agrediu dous policías nacionais este mércores. Rebentou a porta da casa familiar e portaba tres coitelos, un deles agochado nas costas. Desde aquela ten unha orde de afastamento da vivenda familiar.
O mozo, que ten unha doenza psiquiátrica, volveu presentarse na casa familiar o pasado xoves cunha gran barra de aceiro en punta e tivo que ser reducido pola Policía Local de Redondela cunha pistola eléctrica e os axentes tiveron que protexerse cun escudo policial.
Nestes últimos días o seu paso polos xulgados e pola unidade de psiquiatría do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo son constantes, pero nunca queda ingresado. Os axentes non desbotan ter que volver protexer a familia, polo que moitos apuntan que sería preciso o seu internamento nun centro especializado.