Podemos lanza un vídeo con críticas veladas a Yolanda Díaz
Podemos lanza un vídeo con críticas veladas a Yolanda Díaz
"Hai quen quere volver a matar a Podemos", din en voz en off
Preocupación en Podemos "pola falta de compromiso coa unidade"
O PP di que Sumar será o cabalo de Troia de Pedro Sánchez
Cando faltan pouco máis de 40 días para as eleccións municipais e autonómicas, os partidos sacan toda a súa artillería para convencer os cidadáns. Para moitos serán unhas eleccións claves. É o caso de Podemos. Os morados estrearon un vídeo promocional para convocar a un mitin esta fin de semana en Zaragoza. Un vídeo con tons épicos e con mensaxes tanto ao PSOE coma a Yolanda Díaz: "Hai quen quere volver matar a Podemos", din en voz en off.
Este es un mensaje para ti, #TúQueNoTeCallas.
— Podemos (@PODEMOS) April 11, 2023
15 de abril: mitin de Podemos en Zaragoza.https://t.co/uN1tLEbO45 pic.twitter.com/D6zBEt6CVx
Tamén critican a xestión do Goberno na invasión de Ucraína e o envío de armas: "Podemos é o militante de toda a vida que alucina e se enfada cando ve que os seus ministros se poñen de perfil coa OTAN e a guerra de Ucraína e que só Ione di o que el pensa".
Os morados queren ir as xerais nunha coalición con Sumar, pero quéreno facer coa súa cota de protagonismo. Un acordo de igual a igual. Pero teñen dúbidas con Yolanda. A ministra de Igualdade, Irene Montero, puxo en dúbida "o compromiso de Yolanda coa unidade" e recoñeceu que están "preocupadas".
O impacto electoral de Sumar está por ver pero no PP apúntanse á teoría de que Pedro Sánchez comete un erro estratéxico. O coordinador xeral do Partido Popular, Elías Bendodo, está convencido que Sumar "será o cabalo de Troia de Sánchez" con consencuencias "impredicibles".
Os socialistas non o cren. Din que mobilizará unha parte do electorado de esquerdas do que sairán beneficiados. O voceiro do PSOE no Congreso, Patxi López, pregúntanse cal será o futuro de Feijóo despois de rebaixar as expectativas electorais.