Publicador de contidos
Publicador de contidos

Preparan as vexigas para o Entroido de Xinzo

Preparan as vexigas para o Entroido de Xinzo

Este domingo, o Corredoiro, estréanse as pantallas no Entroido de Xinzo de Limia, e as vexigas xa están listas 

Fanlles falta de dúas a tres cada día, así que o consumo final cóntase por milleiros

Vexigas penduradas do teito para secar
G24.gal 30/01/2024 20:36 Última actualización 30/01/2024 21:30

Sen vexiga non hai pantalla. É un dos elementos máis característicos do Entroido de Xinzo.

"A función é facer ruído, unha contra outra, nunca golpear a xente", explica Castor Gándara Tombo, un dos encargados de curar as vexigas

Cada pantalla emprega dúas ou tres vexigas ao día, pero depende do uso que lles dea e tamén do tempo que faga. Se vai calor, o aire do interior dilátase e as vexigas estoupan con máis facilidade. Unha das claves para que aguanten está no proceso de elaboración: desde a cantidade de aire con que as inchan ao grao de afumado.

Christian Villamarín Gómez prepara vexigas para o Entroido: "Agora mesmo están frescas, porque acabamos de inchalas. Teñen que quedar aquí colgadas. Facémoslles lume para que sequen e se afumen, para poder empregalas".

Son vexigas de vaca, que van buscar por matadoiros de toda Galicia. Un produto que normalmente se desbota, só ten saída para o Entroido de Xinzo.

"Á parte, teñen que sacalas e cortalas dun xeito específico, que lles quede por onde agarralas", explica Christian.

Preparan unhas 1.800 cada ano e non son os únicos provedores en Xinzo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade