Publicador de contidos
Publicador de contidos

Yolanda Díaz presenta Sumar na Coruña: "A política non vai de rachar pontes, senón de construílas"

Yolanda Díaz presenta Sumar na Coruña: "A política non vai de rachar pontes, senón de construílas"

Yolanda Díaz di que vai servir para cambiar a vida da xente 

G24.gal 02/12/2022 22:04

Yolanda Díaz presentou esta tarde na Coruña a súa plataforma Sumar, coa que pretende concorrer ás próximas eleccións xerais. 

Afirmou que o seu proxecto non é un partido político, senón que se trata dun movemento cidadán de todos e todas.

Tamén dixo que a política de verdade serve para cambiar a vida da xente, que é obxectivo, sinalou, de Sumar.

O auditorio no que se celebrou esta presentación quedou pequeno e Yolanda Díaz tivo que saír a explicarlle o seu proxecto ás ducias de persoas que quedaron fóra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade