Publicador de contidos
Publicador de contidos

Preséntase en Santiago o Manifesto da Economía Social

Preséntase en Santiago o Manifesto da Economía Social

Un modelo empresarial que pon os beneficios sociais por diante da rendibilidade financeira

G24.gal 06/06/2022 20:40 Última actualización 06/06/2022 20:52

Santiago, capital española da Economía Social, convértese en escaparate das posibilidades que ofrece un modelo que pon os beneficios sociais por diante da rendibilidade financeira. Xa supón o 10 % do  produto interior bruto español e o 7 % do galego. A conselleira de Promoción de Emprego lembrou que a Xunta inviste anualmente 35 millóns de euros nun modelo comprometido co emprego estable, a igualdade e o medio rural.

"Temos que chegar aos estudantes, que saiban que esta é unha opción e que coñezan as vantaxes que teñen estas entidades con carácter social", asegurou a conselleira María Jesús Lorenzana.

A vicepresidenta Yolanda Díaz participou no evento en que se presentou o Manifesto da Economía Social e visitou a cooperativa láctea CLUN.

"É un exemplo de cooperativismo no noso país e ademais é un exemplo de cooperativismo agrogandeiro que pecha o ciclo produtivo, o cal é de grande importancia para a economía social", dixo Díaz.

A vicepresidenta animou estas empresas cooperativas a acollérense ás axudas do PERTE específico de Economía Social que acaba de aprobar o Goberno.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade