Publicador de contidos
Publicador de contidos

O 60% dos traballadores atrasaron a súa xubilación este ano para evitar penalizacións

O 60% dos traballadores atrasaron a súa xubilación este ano para evitar penalizacións

A idade de xubilación creceu durante este ano ata os 64,8 meses

Retirarse dous antes da idade de xubilación correspondente supón ata un 21 por cento de recorte na pensión

G24.gal 09/12/2022 14:44

A idade de xubilación creceu durante este ano ata os 64, 8 meses. Máis do 57 por cento dos traballadores decidiron pospoñela para evitar os recortes nas pensións. Este era o obxectivo da última reforma do Ministerio de Seguridade Social, que inclúe penalizacións para os que adiantan a xubilación. 

Retirarse dous antes da idade de xubilación correspondente supón ata un 21 por cento de recorte na pensión. A penalización diminúe canto más se atrase o retiro do mercado laboral.

Tras os incentivos aos atrasos na xubilación da primeira fase da reforma de pensións, José Luis Escrivá prepara a segunda, en que propón ampliar o período de cómputo a 30 anos. 

Os seus socios de Goberno xa amosaron o seu desacordo coa proposta. 

Os sindicatos comparten a postura de Yolanda Díaz, desde UXT consideran que incrementar o período de cómputo suporía un recorte nas pensións. 

O próximo luns reuniranse de novo co Goberno para continuar coas negociacións. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade