Previa 1ª RFEF: Arenteiro e Lugo buscan cambiar a dinámica; Celta Fortuna e Dépor, mantela
Previa 1ª RFEF: Arenteiro e Lugo buscan cambiar a dinámica; Celta Fortuna e Dépor, mantela
O Celta B quere ser o campión de inverno
Lugo e Arenteiro buscan volver á senda da vitoria
O Deportivo quere manter a boa serie de resultados
Remata a primeira volta e faino con catro compromisos de altura para os equipos galegos. Comezando polo Arenteiro, que as 18 pola G2, recibe a visita do Barcelona Atlétic, co obxectivo de rachar cunha serie de tres derrotas consecutivas ante un filial en horas baixas que leva catro encontros sen gañar e que ten seis xogadores en Arabia Saudita co primeiro equipo.
A esa mesma hora, o Lugo buscará en Tarazona manter o nivel amosado na Copa ante o Atlético de Madrid e volver o camiño do triunfo logo de tres xornadas nas que só sumou un punto. Enfronte estará un rival que na casa logrou doce dos dezaoito puntos que leva.
Mentres tanto, mañá, as 15:45 pola nosa segunda canle, o líder Celta B enfróntase o cuarto clasificado, o Nástic de Tarragona. Os dous equipos chegan nun gran momento de forma. Os vigueses veñen de catro vitorias consecutivas, mentres que os cataláns gañaron os tres últimos partidos. Un triunfo do Celta B serviríalle para lograr o título honorífico de campión de inverno.
A xornada complétase con outro choque estelar, o que van disputar as seis da tarde no Reino de León, a Cultural e o Deportivo. Os locais que gañaron sete dos oito partidos no seu estadio reciben os coruñeses no seu mellor momento da temporada, invicto nos sete últimos encontros.