Publicador de contidos
Publicador de contidos

Primeira e intensa xornada de Leonor de Borbón na Escola Naval de Marín

Primeira e intensa xornada de Leonor de Borbón na Escola Naval de Marín

A princesa de Asturias coñeceu os seus compañeiros, realizou activiades en grupo, de deporte a navegou pola ría de Pontevedra

A princesa Leonor canda os seus compañeiros preparando a embarcación para saír navegar, nunha foto da Casa Real
G24.gal 31/08/2024 09:37

Intenso primeiro día da princesa Leonor na Escola Naval de Marín. 

A xornada comezou coa entrega da insignia á princesa como alumna distinguida. Despois, primeira saída ao mar e unha vitoria deportiva. As actividades do día tiñan como finalidade que a princesa puidese coñecer os seus compañeiros e se familiarizase co que será o seu fogar nos próximos meses.

Un acto militar, o encontro cos compañeiros de promoción, clases, deporte e saída o mar na ría marcaron a xornada. A Casa Real distribuíu as imaxes lonxe xa das cámaras e xornalistas que a agardaron o xoves á súa chegada á Academia da Armada.

Como todos os alumnos, a gardamariña de primeiro Leonor de Borbón e Ortiz levantouse ás 6:45, cando toca diana no centro e os alumnos se preparan para a xornada diaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade