Publicador de contidos
Publicador de contidos

Primeira multa de 300 euros por cruzar o dique de abrigo da Coruña con forte ondada

Primeira multa de 300 euros por cruzar o dique de abrigo da Coruña con forte ondada

Facer caso omiso da sinalización da Autoridade Portuaria supón unha infracción leve que podería ser castigada con ata sesenta mil euros

"O primordial é protexer as persoas"

G24.gal 13/12/2023 14:10

Este mércores as barreiras de protección da entrada do dique de abrigo están abertas e son moitos os que se achegan a pasear ou facer deporte. Porén, en días de temporal, con forte ondada, o acceso está pechado para evitar perigos.

"Pero aínda así hai quen pasa igual". "E ves xente maior e con pouca mobilidade... Uns inconscientes", comentan os que frecuentan a zona.

"Están moi ben porque hai días que vir por aquí é un perigo", "Non son necesarias. Eu teño setenta anos e levo aquí toda a vida e nunca pasou nada", sinalan os que frecuentan a zona. E é que a instalación das barreiras de protección non gusta a todos.

O que non quere dicir que non poida pasar. O que faga caso omiso da sinalización poderá ser sancionado, como lle sucedeu a unha persoa que xa foi multada con 300 euros que, malia ser avisado pola policía portuaria, se opuxo á normativa de seguridade vixente.

"300 euros de multa é unha barbaridade". "Eu véxoo ben. Se está pechado, aquí non fas nada".

Desde a Autoridade Portuaria explican que se actúa en función do estado do mar e que o fundamental é protexer as persoas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade