Primeira vitoria do Lugo nas Llanas (0-1) co primeiro gol da temporada
Primeira vitoria do Lugo nas Llanas (0-1) co primeiro gol da temporada
Jon Cabo anotou o tanto aos once minutos, e o marcador xa non se moveu
Polémica arbitral nas Llanas. Protestaron os locais, pero máis motivos tiveron os do Lugo porque puido haber penalti nun agarrón de Carlos Blanco e a seguir tamén noutro enganchón de Markel a Roger Martínez. Nin un, nin outro.
O colexiado non asubiou, pero o Lugo sempre foi o seu, inalterable. Foi mellor na primeira parte e adiantouse aos 11 minutos por medio de Jon Cabo.
E cando o Sestao quixo reaccionar, cando desbordou por única vez neste primeiro período, o colexiado anulou o tanto de Efremov por entender que se apoia no salto. E de aí as protestas locais. No segundo tempo, exercicio de control galego e unha acción salientable local, nun remate complicado de Leandro, que acabou por dar no pau. 0-1 final nas Llanas. Primeiro gol esta campaña do Lugo e primeira vitoria da temporada.