Primeiras imaxes da princesa Leonor vestida de militar
Primeiras imaxes da princesa Leonor vestida de militar
Leonor aparece nestas imaxes en distintas estancias, como na aula e no patio da academia, xunto a outros compañeiros
A Casa Real facilitou este venres as primeiras imaxes da princesa Leonor en que aparece vestida de militar na Academia Xeral Militar de Zaragoza.
As imaxes publícanse tan só un día despois de que ingresara nesa institución para comezar a súa formación militar, que se prolongará tres anos.
Leonor aparece nestas imaxes en distintas estancias, como na aula e no patio da academia, xunto a outros compañeiros, que suman máis de 600.
A princesa viste uniforme de campaña e leva no peito bordados os seus apelidos "Borbón Ortiz".
Este xoves a princesa incorporábase á academia, acompañada polos seus pais os reis e a súa irmá, a infanta Sofía.
A formación da que será a primeira muller en ostentar o mando supremo das Forzas Armadas cando chegue ao trono axustouse cun plan específico de estudos porque Leonor terá que realizar dous cursos nun.
O 7 de outubro xurará bandeira xunto aos novos cadetes, e ao día seguinte, pasará a integrarse cos alumnos de segundo curso.
En xuño do próximo ano pasará á Escola Naval de Marín, onde se embarcará como gardamarina no buque escola Juan Sebastián Elcano, e ao ano seguinte, na do Aire de San Javier, en Murcia, para un adestramento integral.
Unha vez instruída nos tres exércitos, pasará a ser a número un da promoción do curso 2026/27 co rango de tenente, en Terra e Aire, e de alférez de navío, e a partir de aí irá ascendendo ao ritmo que o fagan os seus compañeiros de promoción.