Publicador de contidos
Publicador de contidos

Primeiras nevaradas nas montañas de Lugo coa baixada das temperaturas

Primeiras nevaradas nas montañas de Lugo coa baixada das temperaturas

Caída forte das temperaturas na provincia de Ourense

Aviso laranxa no mar por fortes refachos de vento

G24.gal 22/11/2021 16:05

Está cambiando o tempo e aínda que loce o sol na zona sur, no terzo norte e no interior xa o están notando. Na montaña de Lugo a paisaxe branca anticipa o inverno. Tras a caída das primerias folerpas, O Cebreiro loce en todo o seu esplendor.

A nevarada sorprendeu algúns peregrinos, aínda que outros máis precavidos veñen abrigados para soportar unha temperatura mínima no Cebreiro foi de -2 graos. A neve callou a partir dos 800 metros na provincia de Lugo para ledicia de moitos camiñantes.

Na Fonsagrada os termómetros chegaron aos 0 graos. O responsable das nevaradas é o fluxo de vento do nordeste que arrastran aire frío a Galicia. 

Imaxes de Ourense a primeira hora Imaxes de Ourense a primeira hora

O frío polar tamén chegou á provincia de Ourense, aínda que por agora sen neve. Temperaturas baixas coas que se tiveron que enfrontar os que comezan a traballar á primeira hora da mañá. Loce o sol, pero os termómetros non conseguen abandonar os valores negativos. O mercurio caeu ata os -5 graos en Manzaneda ou en Xares, -3 en Verín.

Un frío polar que se notou especialmente nas zonas máis altas. As máximas estiveron ao redor dos 5 graos. En Ourense ou Verín estes días pasados roldaron os 20 graos. Un inverno repentino que nos acompañará ao longo desta semana e que obrigou a acender chemineas e estufas. Pode nevar por riba dos 900 ou 1.000 metros.

Empeora a situación meteorolóxica no mar

A costa da Coruña e a Mariña luguesa permanecen en aviso laranxa. Rexistráronse refachos de vento do nordés de forza 8 combinados ademais con mar de fondo que provocaron que nalgúns portos, como é o caso deste de Burela, a frota permaneza amarrada.

A xornada comezaba con aviso amarelo, pero xa desde o mediodía a situación complicouse en todo o litoral norte de Galicia, con ondas de ata catro metros e tamén con mala visibilidade, sobre todo no litoral cantábrico.

Segundo as previsións de Meteogalicia, esta alerta laranxa vaise manter ata as nove da noite, hora en que pasaremos a un aviso amarelo que se mantén ata o martes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar