Publicador de contidos
Publicador de contidos

Prisión para o adestrador de atletismo de Valencia acusado de agredir sexualmente as súas alumnas

Prisión para o adestrador de atletismo de Valencia acusado de agredir sexualmente as súas alumnas

Para o home de 49 anos, que instalou cámaras ocultas nos baños, decretouse a prisión provisional sen fianza

Ata o momento hai identificadas catro vítimas 

G24.gal 03/01/2024 14:27

O monitor de atletismo detido en Valencia en posesión de material pornográfico infantil ingresou en prisión provisoria e sen fianza por orde do xuíz que investiga o caso.

Nos rexistros efectuados, a Garda Civil interveu numerosos dispositivos de gravación e almacenamento de datos.

A detención produciuse o pasado 20 de decembro, despois de que a Garda Civil descubrise no club de atletismo de Valencia onde traballaba o arrestado numerosas microcámaras e dispositivos para almacenar as imaxes gravadas. Estaban colocadas nos baños e nos vestiarios utilizados polas alumnas, que teñen entre 12 e 16 anos.

Os pais de catro delas xa presentaron denuncia contra o presunto pederasta. No domicilio do home e nun almacén, os axentes interviñeron abundante material pornográfico en que os protagonistas eran menores de idade. Entre eles estaban algunhas das alumnas do club en que traballaba.

O xuíz decretou o seu ingreso en prisión provisoria sen fianza. Impútanselle dous delitos continuados de agresión sexual a menores, outro de corrupción de menores, cinco delitos contra a intimidade e un delito de posesión de pornografía infantil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade