Publicador de contidos
Publicador de contidos

Prisión provisional para os presuntos autores dun acoitelamento na Coruña

Prisión provisional para os presuntos autores dun acoitelamento na Coruña

Están investigados por homicidio en grao de tentativa e roubo con violencia

G24.gal 03/06/2022 13:42

Os dous detidos, acusados de acoitelar un home e roubalo con violencia volveron testificar ante o xuíz, quen ratificou a prisión provisional e sen fianza.

E igual que sucedeu hai uns días, un deles continúa gardando silencio sobre o que pasou esa noite unha vivenda do barrio das Flores.

Unha das defensas di que esperarán a que cheguen ao xulgado as probas de investigación que se están facendo, e unha vez se coñezan non só estas, senón tamén a declaración da suposta vítima, tomarán unha decisión. 

Quen si falou, e volveu ratificar a declaración que fixo en dependencias policiais é o segundo dos implicados nesta presunta agresión.

Alega que foi vítima dunha coacción por parte do outro detido e en función diso exonérase da responsabilidade nos feitos.

Feitos aconteceron nun baixo do barrio das Flores hai pouco máis dunha semana, cando presuntamente os dous agresores romperon un cristal cunha pedra para poder acceder ao interior da vivenda.

Unha vez dentro feriron de gravidade cunha arma branca un home que sofre problemas de mobilidade. Cando chegou a policía atopou a vítima no chan, e tiveron que trasladala ao CHUAC para ser intervida cirurxicamente. O suceso non colleu moitos veciños por sorpresa, e mesmo hai quen apunta a que podería estar relacionado co tráfico de drogas.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos