Probas médicas no Deportivo sen anunciar aínda ningunha fichaxe
Probas médicas no Deportivo sen anunciar aínda ningunha fichaxe
Os futbolistas volven a Abegondo con dous días de probas médicas por diante, entre a Cidade Deportiva e o Hospital Quirónsalud
Realizarán o primeiro adestramento o mércores 10 ás 10.30 horas
O Deportivo comezou a preparar na mañá deste luns o seu regreso á Segunda División. Os futbolistas volven a Abegondo con dous días de probas médicas por diante, entre a Cidade Deportiva e o Hospital Quirónsalud, e realizarán o primeiro adestramento o mércores 10 ás 10.30 horas.
Os de Imanol Idiakez inician a pretemporada 2024-25 con poucos cambios, xa que o club aínda non anunciou nin fichaxes, nin tampouco os equipamentos. Aínda que neste último punto quixeron dar algunha pista deixándonos ver a roupa de adestramento, polo que todo apunta a que falta pouco para coñecer as novas camisetas.
Nun vídeo publicado polo club onde se poden ver os xogadores chegando ao vestiario para cambiarse, Alberto Casal (adestrador de porteiros), sae uniformado cunha camiseta vermella ao completo, e pouco despois, os canteiráns Martín Ochoa e Kevin Sánchez aparecen cunha vestimenta baseada nun deseño azul mariño con franxas vermellas nos ombreiros e no lateral do pantalón.
O Deportivo presenta a súa campaña de abonos para a tempada 2024-2025 Os prezos oscilan entre os 565 euros de Tribuna Superior e os 171 de Pavillón Inferior, para aqueles que fosen socios nas catro últimas tempadas