Publicador de contidos
Publicador de contidos

Problemas coa sinalización do Camiño de Santiago en Vigo

Problemas coa sinalización do Camiño de Santiago en Vigo

O Camiño Portugués da Costa está en auxe: no que levamos de ano percorrérono preto de 30.000 peregrinos

O problema atópano cando chegan a Vigo, onde reclaman melloras na sinalización

Os peregrinos teñen que botar man de mapas ou dispositivos móbiles para guiarse
G24.gal 20/06/2024 14:42

Co móbil na man, tratan de seguir a ruta do Camiño de Santiago ao seu paso por Vigo. Unha parella de California di que non atopa a sinalización doutras cidades. O mesmo contan outras peregrinas de Romanía. 

Na zona vella da cidade, comerciantes e hostaleiros están acostumados a dar indicacións. Algúns negocios teñen sinalizacións nos escaparates.

Dende a Xunta organizaron unha etapa guiada o domingo 30 para que os galegos tamén coñezan a ruta. A delegada, Ana Ortiz, insite en que é unha "competencia municipal" e que "o resto de municipios si están ben sinalizados".

No que levamos de ano, 29.000 peregrinos percorreron este Camiño da Costa que atravesa Vigo dende Saiáns ata Teis.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade