Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aumenta o número de peregrinos no Camiño Portugués

Aumenta o número de peregrinos no Camiño Portugués

Aínda son máis os que percorren o Camiño Central, pero proporcionalmente increméntase moito a ruta que vai pola costa

G24.gal 25/08/2024 14:25 Última actualización 25/08/2024 19:41

813 peregrinos chegaron a Santiago este sábado tras percorrer o Camiño Portugués Central. Os rexistros oficiais levan contabilizado este ano 64.143, un 7 % máis que o ano pasado.

"É a primeira vez que facemos o Camiño e nos comentaron que o Portugués era doado para iniciarse".

"Para min foi espectacular, a paisaxe, a xente, o ambiente. Unha experiencia para repetir".
 

Pero unha das rutas que está a medrar máis en afluencia respecto doutros anos é o Camiño Portugués da Costa. Por este itinerario chegaron a Santiago 533 peregrinos este sábado. No que vai de ano 48.482, o que supón un 45% de incremento respecto de 2023 cando se contabilizaron 52.754 en total.

"Viña coa miña de Erasmus e ela fixera xa un Camiño e miramos un que tivese costa ao ser verán. E decidimos facer este. É moi boa elección".

"A xente que vén aquí é similar, gústalle falar, comer, ben, rir, beber cervexa. E pasámolo ben, xogamos ás cartas, damos paseos. Eu vin a iso, coñecer xente e pasalo ben cos amigos".

"Non nos pareceu que estea masificado. Estivemos moi ben".

Os peregrinos que percorren os dous Camiños Portugueses a Compostela son, a maioría, estranxeiros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade