Santiago acadará os cen mil peregrinos en 2024 esta fin de semana
Santiago acadará os cen mil peregrinos en 2024 esta fin de semana
Este venres chegaron a Compostela preto de 2.600 camiñantes
Máis da metade elixiron o Camiño Francés, e o Camiño Portugués está un 16 por cento máis transitado
No que vai de ano preto de 95.000 camiñantes remataron a ruta segundo a Oficina do Peregrino. Son un 22 por cento máis que no mesmo período de 2023.
"Eu penso que se corre rápido a voz das boas experiencias no camiño e a xente vén para encontrarse consigo mesmo".
"Supoño que a xente vén porque a experiencia é fenomenal".
"Moitos fano coa fortaleza física e outros coa da alma, por iso este camiño penso que é máis que nada persoal, cadaquén faino á súa maneira e necesidade", din os peregrinos.
Máis da metade elixiron o Camiño Francés, pero as outras rutas tamén están máis concorridas este ano.
"O Camiño Portugués está moi en auxe e sobre todo o Camiño Portugués da costa que medra un 16 por cento en relación ao ano anterior".
"O Camiño absorbe todo o fluxo de peregrinos e non atopamos unha masificación. O que si estamos preparados para afrontar calquera continxencia neste sentido", di Xosé Manuel Merelles, director de Turismo de Galicia.
Nos albergues e establecementos situados ao pé do camiño din que maio comezou ben e manteñen expectativas altas para o verán.
"Moi boas, sobre todo de cara ao verán e os meses de setembro e outubro tamén temos unha ocupación que o ano pasado e temos moita petición de grupos. É un ano de moitas viaxes en grupos", apunta Aurora Costas, Monte do Gozo.
"Preséntase moi ben, estamos practicamente ao cen por cen todo o verán. Hai que contratar xente pero é moi difícil. É o noso hándicap", afirma, Carlos Ferro de Casa Amancio
Este venres chegaron a Compostela 2.581 peregrinos.