Publicador de contidos
Publicador de contidos

Procesións nocturnas de candeas e fachos na honra de Santa Rita

Procesións nocturnas de candeas e fachos na honra de Santa Rita

Vilagarcía, O Barco de Valdeorras, Narón e A Estrada festexan a patroa dos imposibles

A Santa Rita da parroquia estradense de Cereixo
G24.gal 22/05/2024 21:54

Rúas ateigadas en Vilagarcía sendo festivo local e día grande das festas da patroa Santa Rita, cun sol inesperado. Cinco días levan e vai ser un máis porque Concello e feirantes van prorrogar 24 horas as atraccións e a prezos reducidos para, á conta da santa, festexar o Día do Neno. Unha longa e devota tradición entre os vilagarciáns desde pequenos.

Locais e foráneos agardaban con candeas a procesión con que rematan os festexos, en que houbo liturxia e diversión para todos con música, romaría e bo xantar. Ademais, a patroa dos imposibles é, polo visto, cumpridora. De aí tanta visita.

A procesión dos fachos con santos invitados estará a piques de comezar tamén polas rúas da parroquia estradense de Cereixo, tras un concerto de oito coros parroquiais destas horas.

A bendición de flores é outro dos ritos deste día, coa rosa como símbolo da santa italiana de nome Margarida que tivo unha vida desgraciada por un marido maltratador, a morte dos seus fillos e o martirio dunha ferida fedorenta na fronte.

Disque o superou todo e de aí que sexa avogosa dos imposibles.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade