Bota a andar o Plan Obesidade Zero para reducir o exceso de peso
Bota a andar o Plan Obesidade Zero para reducir o exceso de peso
A administración galega quere que 190.000 persoas deixen de ter exceso de peso de aquí a 2030
A administración galega propón o Plan Obesidade Zero, cuxo obxectivo é que preto 190.000 galegos volvan a un peso que non comprometa a súa saúde de aquí a 2030.
O plan está deseñado pola Dirección Xeral de Saúde Pública pero conseguiu xa o apoio dos departamentos de Cultura, Educación; Formación Profesional e tamén está en conversas con 51 concellos e ábrese á colaboración con todos eles.
Este luns 4 de marzo, Día Mundial da Obesidade, haberá mesas informativas en todos os hospitais galegos e centros de saúde con nutricionistas que explicarán a quen o desexe como mellorar a súa alimentación.
Créase ademais na Universidade de Santiago a Cátedra de Vida Saudable, dotada con 100.000 euros.
A Xunta puxo tamén ao dispor da cidadanía interesada dous recursos en rede: Atopa saúde e Sanidade mediaverso. Nesta segunda pódense consultar alimentos saudables, suxestións de listaxes da compra e de menús e receitas tanto para adultos coma para nenos.