Cargando resultados...
Alemaña frea a prohibición dos coches de gasolina e diésel para 2035 na UE
Alemaña frea a prohibición dos coches de gasolina e diésel para 2035 na UE
Propón estudar o uso dos combustibles sintéticos antes de votar a abolición
G24.gal
05/03/2023 17:15
Última actualización 05/03/2023 18:10
A medida de prohibir os coches con motor de combustión para 2035 xa non está tan clara dentro da Unión Europea. A súa votación aprazouse a petición de Alemaña, que considera que esta decisión non é a única solución medioambiental.
Esa era a intención da Unión Europea, pero Alemaña abre agora a porta a permitir tecnoloxías libres de CO2 que darían marxe de supervivencia aos motores de combustión. É dicir, carburantes sintéticos que sexan respectuosos co medio ambiente.
Fronte ao compromiso medioambiental, está agora estoutra alternativa para os vehículos de combustión formulada por Alemaña que será estudada por Europa.