Publicador de contidos
Publicador de contidos

Segue a busca do home de 82 anos desaparecido desde o domingo en Abadín

Segue a busca do home de 82 anos desaparecido desde o domingo en Abadín

O dispositivo volve transcorrer por lugares xa visitados por se houbese algún indicio

O home vivía só e o aviso saltou cando non se presentou para ir ao centro de día

G24.gal 09/09/2023 14:11 Última actualización 09/09/2023 15:01

Continúa a busca de Enrique Bolívar, un veciño de Abadín de 82 anos que falta do seu domicilio desde o domingo pasado. Aínda que xa rastrexaron os arredores volven facelo unha vez máis por se aparecese algún indicio sobre o seu paradoiro.

Búscao xente que vai a cabalo, a maioría faino a pé e outros en moto. No dispositivo participa voluntariado e tamén medios aéreos. Os ánimos van decaendo, pero non cesan de buscalo, tanto preto coma lonxe da casa.

Enrique Bolívar vivía só nunha vivenda de Quende e a última vez que o viron viña da casa dunha veciña, moi próxima á súa. Ao día seguinte xa non estaba cando o foron buscar do centro de día de Abadín. A familia non cesa a busca e agradece a participación da veciñanza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade