Publicador de contidos
Publicador de contidos

Protestan ante o Congreso para esixir a derrogación da Lei de seguridade cidadá

Protestan ante o Congreso para esixir a derrogación da Lei de seguridade cidadá

Os manifestantes estarán amordazados e en silencio desde as 8 desta mañá ata as 8 da tarde

Protestan ante o Congreso para esixir a derrogación da coñecida como lei mordaza (EFE/ Fernando Alvarado) Protestan ante o Congreso para esixir a derrogación da coñecida como lei mordaza (EFE/ Fernando Alvarado)
G24.gal 08/11/2022 13:06

Membros de dez organizacións de dereitos humanos e liberdade de expresión concentráronse este martes ante o Congreso dos Deputados para reclamar a derrogación da Lei de seguridade cidadá, coñecida como lei mordaza, cuxa modificación está actualmente en proceso.

Os manifestantes permanecen amordazados e en silencio desde as 8 desta mañá ante a Cámara Baixa, unha protesta que manterán durante 12 horas, ata as oito da tarde. Entre as organizacións participantes están Amnistía Internacional, CGT, Ecoloxistas en Acción, Federación de Sindicatos de Xornalistas, Greenpeace e Plataforma de Afectados pola Hipoteca.

O portavoz de Amnistía Internacional, Carlos Escaño, asegurou que "a lei mordaza vulnera os dereitos humanos" e deixa aos españois "sen posibilidade de exercer o dereito de protesta".

Os manifestantes, que reproduciron un corte de Pedro Sánchez asegurando que cando chegase ao Goberno derrogaría a lei mordaza, leron un manifesto no que reclamaron, entre outras cuestións, que as actuacións policiais poidan "documentarse tanto polos xornalistas e pola cidadanía en xeral.

No manifesto tamén criticaron que a reforma proposta polo Executivo non prohibirá "nin o uso de pelotas de goma, nin as devolucións en quente, nin as redadas racistas, nin o artigo que criminaliza as mulleres que exercen a prostitución".

"Esiximos que esta lei deixe de reprimir a protesta e de vulnerar dereitos", sinalaron os reunidos ante o Congreso, que piden unha norma "que garanta de verdade o exercicio dos nosos dereitos e liberdades".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade