Protestas ás portas das prisións para pedir cesamentos e máis seguridade tras a morte dunha cociñeira a mans dun recluso

O ministro do Interior, de visita en Cataluña, asegurou que protexer os funcionarios é a súa máxima preocupación
Logo de cinco minutos de silencio, funcionarios de prisións de Cataluña aplauden en memoria da cociñeira asasinada por un recluso nunha prisión de Tarragona. Desde primeira hora queimaron pneumáticos e formaron barreiras para bloquear os accesos aos centros penitenciarios.
Reclaman o cesamento dos responsables da política penitenciaria e, sobre todo, máis medidas de seguridade. O ministro do Interior, de visita en Cataluña, asegurou que protexer aos funcionarios é a súa máxima preocupación.
As concentracións repetíronse diante de prisións de toda España. En Galicia os funcionarios levaron tamén as súas reivindicacións ás portas de penais como o de Bonxe. Din que desde hai tempo temían un suceso coma este.
Os afectados reclaman ademais poder utilizar aerosois ou dispositivos de descargas eléctricas para poder defenderse.