Proxectan na Mariña a maior central hidroeléctrica de bombeo de Galicia
Proxectan na Mariña a maior central hidroeléctrica de bombeo de Galicia
A maior parte das instalacións estaría situada no concello do Valadouro
Podería nutrir de enerxía a factoría de Alcoa
O concello do Valadouro sería o escollido para crear a Central Hidroeléctrica Reversible Xistral. A primeira fase de consultas deste anteproxecto recala xa no concello e despois será a quenda dunha avaliación ambiental.
A noticia xerou inquietude e expectación entre os veciños, pero no Concello ven o proxecto como unha grande oportunidade para a vila e para a comarca.
Parte da central hidroeléctrica de bombeo toca tamén os concellos de Alfoz e Ourol e as súas liñas de evacuación de alta tensión están formuladas cara aos concellos de Xove e Cervo, que se postulan para nutrir de enerxía verde a factoría de Alcoa.
De saír adiante o proxecto estímanse uns catro anos de traballos. O seu horizonte de apertura estaría en 2026.