PSOE e PP pactan as primeiras correccións da lei do 'só si é si'
PSOE e PP pactan as primeiras correccións da lei do 'só si é si'
O PSOE acepta dúas enmandas dos socialistas para corrixir erros no Código Penal
Podemos pídelles explicacións aos socialistas e cualifica o acordo de moi "decepcionante"
A proposición de lei impulsada polos socialistas será debatida este martes na Comisión de Xustiza e chegará ao pleno o xoves
O PP e o PSOE alcanzaron un acordaron corrixir algúns aspectos de reforma da lei do 'só si é si', unhas modificacións que segundo os socialistas son "técnicas", aínda que para os populares "teñen moitísima importancia", segundo manifestaron os dous grupos.
Acordaron unha emenda transaccional que volve castigar a distribución de contidos que inciten a cometer agresións sexuais a menores de 16 anos, que quedara destipificado.
Ademais deste punto, o relatorio só incluíu no seu ditame outras dúas emendas transaccionais consensuadas por PSOE e PP, e dúas propostas máis dos populares.
Para os socios de investidura de Pedro Sánchez, son cambios "decepcionantes", en palabras da deputada de ERC Pilar Valluguera tras concluír o relatorio reunido no Congreso, que aprobou o ditame da reforma cos votos do PSOE, PP, Cidadáns e PNV e a oposición de Vox, Unidas Podemos, ERC e EH-Bildu.
A proposición de lei impulsada polos socialistas tras a sucesión de rebaixas de condenas a agresores sexuais e que dividiu á coalición de goberno será debatida este martes na Comisión de Xustiza e chegará ao pleno o xoves.
Á saída da reunión, a secretaria de Igualdade do PSOE, Andrea Fernández, asegurou que todas as emendas incluídas son de "carácter técnico" e teñen que ver "con cuestións de redacción", polo que non modifican "substancialmente" a reforma proposta polos socialistas nin a definición de consentimento, da que "non se toca nin un coma".
"Modificar simplemente unha palabra, unha coma ou un parágrafo, xa supón que teña consecuencias na propia comprensión do texto", subliñou pola súa banda a deputada do PP Marta González.
González considerou que "falar exclusivamente de tecnicismos non é moi correcto" porque "aínda sendo tecnicismos, teñen significado e grande importancia".
Coincide con esta explicación Mikel Legarda, deputado do PNV, partido que votou a favor do informe do relatorio.