Publicador de contidos
Publicador de contidos

PSOE e Sumar pactan regularizar migrantes que chegasen a España antes de xaneiro do 2024

PSOE e Sumar pactan regularizar migrantes que chegasen a España antes de xaneiro do 2024

O PP presentou outra emenda parcial en que especifica que a regularización deber ser realizada de forma "individualizada" e mantén a data do 1 de novembro de 2021

G24.gal 25/09/2024 20:01 Última actualización 25/09/2024 20:29

PSOE e Sumar presentaron no Congreso dos Deputados unha emenda conxunta á Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) de regularización de migrantes para que se regularice as persoas que chegasen a España antes do 31 de decembro de 2023, en lugar do 1 de novembro de 2021, data que recolle agora o texto orixinal.

A ILP prevé regularizar medio millón de persoas estranxeiras que calcula que xa se atopaban en España desde antes do 1 de novembro de 2021.

Con todo, PSOE e Sumar queren que permita que as persoas estranxeiras en situación administrativa irregular en España, antes do 31 de decembro de 2023, poidan acceder a unha autorización de residencia e traballo por motivos laborais, socioformativos, familiares e humanitarios.

Para PSOE e SUMAR, a reforma "permitirá acceder a un maior número de persoas e con maior celeridade á situación de regularidade" e engaden que "será a forma máis eficaz de combater a vulnerabilidade e a explotación laboral das persoas migrantes".

Neste sentido, agregan que o 31 de decembro de 2023 había en España 210.334 persoas con autorización de residencia inicial que se regularizaron (84.983 persoas máis que en 2022). Ademais, matiza que as persoas afiliadas á Seguridade Social que se regularizaron aumentaron nun 30,4 % nese mesmo prazo.

"Esta evolución da figura da regularización permanente, do arraigamento, constatou que, con requisitos claros e posibilistas, decenas de miles de persoas estranxeiras poden incorporarse ao mercado laboral e lograr unha inclusión plena na nosa sociedade", subliñan.

Pola súa banda, o PP presentou outra emenda parcial en que especifica que a regularización deber ser realizada de forma "individualizada", mantén a data do 1 de novembro de 2021, e especifica que os candidatos non poden delinquir nin ter prohibida a entrada no país.

Ademais, os populares limitan o acceso a esta regularización a aqueles migrantes que poidan acreditar estar a realizar ou realizar unha actividade económica continuada en España por un tempo de polo menos un ano, contar cun proxecto permanente e viable de explotación ou desenvolvemento de actividade por conta propia de polo menos un ano, solicitantes de asilo ou de protección internacional cunha petición en trámite ou non denegada, aqueles que cumpran con algún destes requisitos e poidan presentar ante a Administración a documentación necesaria que certifique a obtención previa de contratos de traballo e altas na Seguridade Social ou os que solicitasen renovar os seus permisos baixo determinadas circunstancias.

SOCIOS DO PSOE PIDEN ELIMINAR A DATA LÍMITE
Mentres, os socios do PSOE, ERC, BNG, EH Bildu e Podemos, pediron nunha emenda conxunta á ILP que se regularice a todas as persoas que chegasen a España ata a data de entrada en vigor da iniciativa e elimine o límite que recolle agora o texto e que se fixa en novembro de 2021.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade